Aspronaga e o Miño Club de Golf Ártabro apostan polo deporte inclusivo

10.08.2020 Aspronaga o Miño Club de Golf Ártabro unen as súas forzas cun obxectivo en común, a inclusión das persoas con discapacidade intelectual na práctica do golf. Con este fin, ambas as entidades puxeron en marcha a organización do I Torneo  Aspronaga, que terá lugar esta fin de semana no campo de golf de Miño, como pistoletazo de saída de futuras colaboracións. Un exemplo diso, é a firma do convenio polo que persoas con discapacidade intelectual recibirán no club sesións de golf adaptado da man da afamada Academia Kiko Luna, a partir do próximo outono. 

Aspronaga rende homenaxe a todas as persoas da Asociación polo vivido durante o COVID19

16.07.2020 Esta tarde,  16 de xullo, coincidindo co acto estatal, a Asemblea de Socios de  Aspronaga rendeu homenaxe a todas as persoas de  Aspronaga por todo o vivido, desde o peche do Centro Ocupacional e Centro de Día  Lamastelle, o 11 de marzo de 2020, por un caso positivo en  Covid19. 

El CEE Lourdes, premiado no certame Proxectos Espaciais Cansat

17 de Junio de 2020. Esta mañá, comunicáronnos que o equipo " RockSpace" do Cee Lourdes gañou o 2º premio na categoría "competencias profesionais" na fase galega do certame "Proxectos Espaciais  Cansat". O colexio de  Aspronaga foi o único centro de educación especial que participou este ano, xunto a outros 13 centros de educación secundaria, neste proxecto que ten como obxectivo a simulación real dun satélite integrado nun volume e forma similar ao dunha lata de refrescos. 

As oficinas de Aspronaga abren para a atención presencial ao público

28.05.2020. A partir do luns, 1 de xuño, as oficinas de Aspronaga en Lamastelle, a Sede Social e o Servizo de Lecer (A Coruña) abren as súas portas para a atención presencial ao público de luns a venres en horario de 9:30 h a 14:00 h. 

Aspronaga crea un Observatorio de Calidade Permanente

21.05.2020. O Comité de  Ética de  Aspronaga acordou, nunha sesión mantida onte, a creación do Observatorio permanente do Comité de Ética de Aspronaga, co fin de recoller as situacións complexas e posible vulnerabilidade dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual, no complicado escenario actual. 

Juan Fontela, novo xerente de Aspronaga

A Coruña. 6 de Abril de 2020. Nicanor Álvarez, presidente de  Aspronaga,  comunica que, con data do pasado día 3 deste mes de abril, cesou como Xerente desta entidade D.  Pompeyo Fernández Pérez, quen desempeñou este cargo por máis de corenta anos e, agora, pasa a gozar dunha merecida xubilación.

Peche Centro Ocupacional e Centro de Día Lamastelle por un caso positivo en coronavirus.

Oleiros, 11 de marzo de 2020.  Aspronaga informa de que, debido a que unha usuaria do Centro Ocupacional deu positivo en coronavirus, o Centro Ocupacional e o Centro de Día de  Lamastelle permanecerán pechados por un período de 14 días, inicialmente.

Concurso deseño cartel 7º Torneo de Deporte Inclusivo de A Coruña

Un ano máis  Aspronaga organiza o Torneo Deportivo Inclusivo da Coruña. Este ano celébrase o 23 de Maio na Escola de Tenis  Marineda.

Todas as persoas con discapacidade intelectual que estean nun centro de  Aspronaga poden participar no concurso que elixe a imaxe do cartel. 

As Marionetas gañan o AsproCarnaval 2020

O pasado 21 de Febreiro, celebramos o  ASPROCARNAVAL. Un día no que todas as persoas de  Aspronaga unímonos para celebrar ao grande esta festa tan nosa.

Reunión Xunta Reitora de Aspronaga

28.02.2020. Este xoves, tivo lugar unha reunión ordinaria da Xunta Reitora de  Aspronaga baixo a Presidencia do seu titular, D. Nicanor  Alvarez, para tratar distintos temas relacionados coa marcha xeral da Asociación. 

i n r f p s v t 0 1 2