Usuarios de Aspronaga deseñan un selo e unha postal

O 20 de xullo, o alcalde da Coruña,  Xulio Ferreiro; a edil de “Igualdade e Diversidade”, Rocío Fraga e representantes da Sociedade Filatélica da Coruña,  Aspronaga e Cruz Vermella foron os encargados de entregar os premios aos gañadores do concurso “Debuxa o teu selo”. Grazas a esta convocatoria, editaranse 1200 postais e 1200 selos con debuxos realizados por persoas con discapacidade intelectual de  Aspronaga. 

Un centenar de deportistas participarán no 4º Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña

CAMBRE, 30 DE XUÑO DE 2017. Un centenar de deportistas con e sen discapacidade daranse cita, este sábado, na cuarta edición do Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña. Así, co fin de promover a inclusión social, cada equipo practicará  varios deportes adaptados como fútbol sala, tenis, atletismo,  boccia, baloncesto e slalom en cadeira de rodas.

Aspronaga e a UDC presentan o primeiro “Comité de Bioética para a Atención de Persoas con Discapacidade Intelectual” de Galicia

23 DE XUÑO DE 2017.  Aspronaga e o grupo de investigación "Filosofía, Constitución e  Racionalidade" da  Universidade da Coruña presentaron, esta mañá, na sede da Fundación Barrié, o primeiro “Comité de  Bioética para a Atención de Persoas con Discapacidade Intelectual” de Galicia. Así a partir das 10 da mañá, investigadores, profesionais, familiares e persoas con discapacidade intelectual reuníronse na Barrié para participar na última sesión e dar clausura ao período de formación denominado como “Espazo de reflexión Ética”. 

Aspronaga 2016

O pasado 22 de xuño, no marco da celebración da Asemblea Xeral, os socios de  Aspronaga deron luz verde, tanto á Memoria de Actividades como ás Contas Anuais de 2016.Deixámosvos a ligazón á Memoria en pdf, que un ano máis, preséntase con formato periódico para facilitar a súa lectura. Ademais, presentámosvos o vídeo realizado sobre  Aspronaga 2016 que destaca polo seu estilo informativo e polos seus excelentes presentadores e reporteiros que vos asombrarán... Que treman os  Matías Prats e  Olgas  Vizas do mundo!

O Centro Ricardo Baró celebra a Asamblea de Familias anual

15.06.2017. O Centro Ricardo  Baró celebrou o pasado 15 de xuño a súa Asemblea anual de Familias. Outro ano máis, foron moitas as familias que se animaron a participar, tanto na reunión da mañá como na festa da tarde. Deixámosvos o vídeo de presentación da Memoria do Centro Ricardo  Baró do 2016 e todas as fotos.  

O Centro Laboral Lamastelle celebra o seu 38 aniversario cunha festa “de cinema”

O pasado venres 2 de xuño, máis de 300 persoas, entre usuarios con discapacidade intelectual, profesionais, voluntarios, familiares e amigos celebraron o 38 aniversario do Centro Laboral  Lamastelle cunha festa “de cinema”. Dado que a temática escollida polos propios usuarios foi “películas famosas”, o momento estelar tivo lugar coa celebración da GALA  ASPROSCAR, na que non faltaron as  paseíllos pola alfombra vermella, os presentadores cos seus mellores galas, a entrega da famosa  estatuílla  customizada co  logo de  Aspronaga, e as múltiples actuacións en homenaxe a películas como “Os  cazafantasmas”, “Chicago” ou “Harry Potter”, entre outras.

Aspronaga celebra a sétima edición do seu festival do humor: Destorníllate en Branco e Negro.

O pasado sábado 20 de maio pola tarde,  Aspronaga tronchouse de risa. Por sétimo ano consecutivo celebramos o festival do humor “ Destorníllate en Branco e Negro”. Os asistentes ademais de ir vestidos con esas cores, puideron gozar dunha tarde de risas.

Xosé Manuel Carril forma en Xustiza e Protección Social ao futuro Comité de Ética para Persoas con Discapacidade de Galicia

O pasado 28 de Abril, o catedrático en Dereito do Traballo e Seguridade Social e ex concelleiro da Coruña, Xosé Manuel Carril, impartiu unha sesión sobre Xustiza e Protección Social aos membros do que será o primeiro Comité de Ética para a atención de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia. 

Xa temos gañadores!

O xurado xa seleccionou aos tres gañadores do concurso para o deseño do cartel do IV Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña. O primeiro clasificado foi... Jose M. Pico!. Así, o seu deseño difundirase por toda a cidade, anunciando o torneo e recibirá clases gratuítas de Tenis. No segundo posto, Rosa López levará un bono de 50 euros para consumir no Servizo de Lecer de Aspronaga mentres que, o terceiro gañador, Santiago Pedreira, recibirá un trofeo. Moitas grazas a todos e todas por participar!

Voluntarios de Coca-Cola comparten obradoiros medioambientais con Aspronaga

22.04.2017 Esta mañá, 9 voluntarios de Coca-Cola compartiron unha xornada de convivencia con persoas con discapacidade intelectual de Aspronaga. A actividade, que ten como obxectivo "coñecer a realidade das persoas con discapacidade intelectual que residen na nosa contorna", está coordinada por Cooperación Internacional ONG e conta coa colaboración do Grupo Hábitat para a realización dos talleres. 

i n r f p s v t 0 1 2