A IV Festa de Familias de Aspronaga celébrase o vindeiro venres

Por cuarto ano consecutivo, Aspronaga celebrará, o próximo venres, a súa Festa de Familias, unha xornada de convivencia, na que familias e usuarios de todos os centros e servizos poderán divertirse, coñecerse un pouco máis e vivir un día moi especial todos xuntos. Como en pasadas edicións, haberá actividades diversas pola mañá, unha gran comida campestre e baile. Ademais, este ano, terá lugar unha POXA DE ALFOMBRAS feitas en Lamastelle. Se es un familiar de Aspronaga e desexas asistir á Festa podes descargarche o boletín de inscrición no seguinte enlace e entregalo no centro e/ou servizo ao que asiste o teu familiar ou envialo por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; así como visualizar o catálogo das alfombras que se subhastarán. Vémonos o 18 de setembro en Lamastelle!

i n r f p s v t 0 1 2