O Club do Mar abre as súas portas á Aspronaga

O pasado luns 19 de marzo, o presidente do Club do Mar San Amaro, Anxo  Garmendia e o xerente de  Aspronaga,  Pompeyo Fernández, asinaron un convenio de colaboración que ten como finalidade a inclusión das persoas con discapacidade intelectual, sobre todo no ámbito deportivo. 

Entroido por todo o alto (09/02/2018)

Por primeira vez, todos os centros de  Aspronaga celebramos xuntos a festa de Entroido e, non cabe dúbida de que mereceu a pena!!!! Non cho crees? Pois mira, mira... 

Compartimos arte có Lar de Nora (21/02/2018)

Como xa sabedes o pasado mes de xuño, un grupo de traballadores de  Pernod  Ricard realizaron un voluntariado con  Aspronaga que consistía en decorar 4 barricas da súa adega co fin de compartir arte. Tan bonitas quedaron que, desde xaneiro, forman parte da terraza da Lareira de  Nora, un local novo da Coruña.

Guías Turísticos de Galicia colabora con Aspronaga para revindicar un turismo accesible (21/02/2018)

Con motivo da celebración do Día Internacional do Guía Turístico ( APIT) , o pasado 21 de febreiro, a Asociación Profesional Guías de Turismo de Galicia e  Aspronaga uníronse para  revindicar un turismo accesible e inclusivo.

O Centro Ricardo Baró, solidario en Nadal (21/12/17)

Esta mañá, un grupo de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas e profesionais do Centro Ricardo  Baró fixeron entrega de máis de 30 caixas de comida non perecedoira, alimentación infantil, produtos de hixiene e cueiros infantís á Cociña Económica.

O Centro Ricardo conta o seu día a día cun Musical

Chega o Nadal e o Centro Ricardo  Baró sorpréndenos unha vez máis. Nesta ocasión, as 70 persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas e os profesionais do centro de Oleiros quixeron contar como é un día na residencia de  Aspronaga a través dun sorprendente musical. Así, ás 17.30 h da tarde, o espectáculo abría as súas portas para dan entrada a un multitudinario público que descoñecía, por completo, o que ía vivir… 

A Deputación da Coruña premia ao Club Finisterre por boas prácticas en Educación e Cultura

O pasado 27 de decembro, a  Deputación da Coruña recoñeceu a experiencia de Boas Prácticas, do proxecto "Un día de Cinema" promovido pola Asociación Proxecto Máscaras e que conta coa participación do Club Finisterre de  Aspronaga, o colexio Calasancias e a Fundación  Emalcsa. 

O Club Finisterre celebra o seu 45 Aniversario cunha Cea de Gala

O pasado 2 de decembro, o Club Finisterre celebrou o seu 45 aniversario cunha cea de gala no Restaurante Boavista. 

Xuntos, de novo, "Baixo o mesmo paraugas"

O pasado domingo, 3 de decembro, 28 asociacións da Coruña xuntámonos para celebrar, por segundo ano consecutivo,  o Día Internacional da Discapacidade " Baixo ou  mesmo  paraugas". 

Mercadillo "Picasso e as súas pombas"

1 de Decembro de 2017. A Asociación Distrito Picasso e  Aspronaga presentaron, onte, as 40 pombas, decoradas por usuarios de todos os centros/servizos da Asociación. Desde hoxe, as pombas estarán expostas nas tendas do distrito. Do 15 ao 24 de Decembro as pombas venderanse nun mercadillo solidario a prezo de 20 euros (Rúa Sánchez  Bregua, 7. A Coruña). 

i n r f p s v t 0 1 2