Lectura inclusiva no Día do Libro

Con motivo do Día do Libro, máis de corenta alumnos de 5º curso do CEIP Raquel Camacho acudiron ao centro de educación especial de Aspronaga, A Nosa Señora de Lourdes, para celebrar o Día do Libro. Así, dando todo un exemplo de inclusión, 10 estudantes do centro ordinario e 5 con minusvalidez intelectual interpretaron, todos xuntos e ante os seus compañeiros, o conto "Doña Carme", nunha xornada moi especial na que tamén compartiron o tempo ocio do recreo e un saboroso refrixerio.

 

 Non é a primeira vez que ambos os dous colexios comparten a paixón pola lectura. Todo empezou grazas a unha iniciativa da Biblioteca da Ágora, "Animación á lectura", orientada a centros de ensino ordinario e a centros de educación especial. Así, dúas clases do colexio de Aspronaga apuntáronse a este programa, que ten como fin traballar o mundo da lectura, favorecendo a inclusión. Desta forma, os alumnos visitaron os dous centros para ensaiar a interpretación do conto na que os alumnos lectores de ambos os dous colexios fan a narración do conto acompañados dos non-lectores que desenvolven a recreación do conto por medio de teatro de sombras.Todos os alumnos afirman que están a gozar moito desta actividade xa que, ademais de traballar a lectura, comparten valores como o compañeirismo, a aceptación, o apoio mutuo, etc...

 

i n r f p s v t 0 1 2