Ao redor de douscentos deportistas participarán no 3º Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña (05/05/2016)

Ao redor de douscentos deportistas con e sen discapacidade daranse cita, este sábado, na terceira edición do Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña. Así, co fin de promover a inclusión social, cada equipo practicará varios deportes adaptados como fútbol sala, tenis, atletismo, boccia, baloncesto, tag rugby e slalom en cadeira de rodas.

Todos os equipos xogarán a todos os deportes e estarán constituídos por persoas con e sen discapacidade. Ademais, ao finalizar a xornada, farase entrega dos trofeos e todos os asistentes poderán gozar dunha sesión de Zumba. 

O Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña naceu, fai tres anos, como unha aposta firme de Aspronaga e a Escola de Tenis Marineda polo exercicio físico como medio de inclusión das persoas con discapacidade intelectual na sociedade. Desta maneira, este evento deportivo converteuse nun referente na contorna, tal e como demostra a colaboración de entidades como o Concello de Cambre, a Fundación Emalcsa, ASPACE, o Club Básquet Coruña, o club de rugby C.R.A.T. A Coruña, o Club de Fútbol Once Cabaleiros e o Club de Atletismo de Sada (CAS). 

O Cartel

Como novidade, este ano o cartel do torneo foi deseñado por Tamara Iglesias, gañadora do concurso que se convocou entre debuxantes con discapacidade intelectual para o devandito fin. O deseño destaca por representar a temática de maneira moi gráfica e con gran colorido.

i n r f p s v t 0 1 2