Seis alumnos do CEE Ntra. Sra. de Lourdes realizan prácticas en Alcampo

Seis alumnos do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes- Aspronaga, serán “traballadores” do Hipermercado Alcampo ata o próximo mes de xuño.

Román, Luís,  Uxía,  Débora, Pablo e David non están nerviosos. Coñecen o hipermercado e escoitan atentamente mentres o director de recursos humanos, José Portabales, ensínalles os despachos, as zonas de descanso e a xerga típica que deben coñecer para desenvolverse con soltura. Os seus postos serán de  reponedores nos corredores de galletas e nas caixas, ao cargo de recompilar as cestas . 

O Centro Ricardo Baró, solidario en Nadal

21 de Decembro de 2018. Esta mañá un grupo de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas e profesionais do Centro Ricardo  Baró fixeron entrega de máis de 30 caixas de comida non perecedoira, alimentación infantil, produtos de hixiene e cueiros infantís á Cociña Económica. 

Cada vez somos máis Baixo o mesmo Paraugas

03.12.2018 O pasado luns, 3 de decembro, 53 asociacións de toda Galicia xuntámonos para celebrar, por terceiro  ano consecutivo,  o Día Internacional da Discapacidade " Baixo o mesmo  paraugas".

O Servizo de Ocio premia ás

01.12.2018 "É un momento moi especial". Con estas palabras,  Iago Graña, director do Servizo de Lecer de  Aspronaga anunciou o premio que, este ano, os socios e socias quixeron conceder ás "Nais do Clube", no marco da celebración da Cea de Gala do 46 aniversario do Club Finisterre.

A Coruña, casa de todos

O pasado 29 de Outubro, os nosos compañeiros Marta Costa, Javier Feijóo, Pedro Suárez,  Ismael Souto,  Ionut  Badea e Jose Jiménez recibiron un premio no Concello de A Coruña, por participar no proxecto "A Coruña, casa de todos. 

Calendario CRB 2019, rifas e campaña Cociña Económica

Xa podes conseguir un ano 2019 cheo de cor grazas ao calendario  do centro Ricardo  Baró e ás rifas para unha suculenta cesta de Nadal.  Ademais, empezamos a campaña do Nadal de recollida de alimentos e outros produtos para a Cociña Económica de Coruña. Non o dubides e úneche! 


 Tanto o Calendario CRB 2019 (4 euros) como as rifas (1 euros) están á venda no Centro Ricardo Baró.

 

A CRB enamora na súa quinta edición

OLEIROS, 1 DE NOVIEMBRE DE 2018. Ao redor de 700 persoas correron esta mañá co Centro Ricardo  Baró ( Aspronaga), nun evento que, aos poucos, consolidouse como un dos días deportivos e inclusivos máis especiais na comarca. Así, a Carreira Popular do Centro Ricardo  Baró transformouse, na súa quinta edición, en # LaCRB, unha Carreira  Rompedora e Bestial que namora a todos os que a viven. 

Nicanor Álvarez, novo presidente de Aspronaga

Nicanor Álvarez, presidente de Aspronaga23.10.2018. Desde o pasado 15 de Outubro de 2018, Nicanor Álvarez Álvarez é o novo presidente de  Aspronaga.
Nicanor Álvarez substitúe a Álvaro Martínez García, quen deixa o cargo despois de 15 anos de entrega a  Aspronaga. 

Aspronaga acolle os 22 Xogos Autonómicos de Natación

23.10.2018. O pasado domingo,  Aspronaga acolleu, como anfitrioa, os 22  Xogos Autonómicos de Natación. Organizados por  Special  Olympics Galicia, os xogos tiveron lugar na piscina municipal de Riazor coa participación de 22 entidades de toda Galicia e máis de 300 persoas entre deportistas con discapacidade intelectual, adestradores e voluntarios. 

Non somos unha máis... Somos ¡ #ACRB !

Xa non somos unha máis...  Somos #ACRB !!!! Unha Carreira  Rompedora e Bestial que, por quinto ano consecutivo, terá lugar o 1 de Novembro de 2018 nas instalacións do Centro Ricardo  Baró (residencia de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas de  Aspronaga) en Oleiros. Así, #ACRB xa se converteu nunha tradición na comarca, sendo unha carreira para todos e todas, de 0 a infinitos anos e con todo tipo de mobilidades. Únete! e o... #1novcorreconnos porque #SomosACRB 

i n r f p s v t 0 1 2