Aspronaga participa no simulacro electoral organizado por Fademga

05/04/2019. Ao redor de 40 persoas con discapacidade intelectual de  Aspronaga participaron no simulacro electoral organizado por Fademga na Casa da Auga (A Coruña).

Este ensaio celébrase co obxectivo de festexar que, por primeira vez, o colectivo poderá votar na súa totalidade, pero, tamén, de reclamar a necesidade de material adaptado a lectura fácil para poder exercer este dereito en igualdade de condicións ao resto de cidadáns, e tamén para analizar e avaliar as dificultades que poidan ter as persoas con discapacidade intelectual á hora de exercer este dereito,  así como poder anticiparnos a posibles apoios que necesiten nos próximos chamamentos electorais. Para iso, convidouse a achegarse ata as “mesas electorais” aos políticos locais, para que coñezan de primeira man a importancia da accesibilidade cognitiva, ofrecendo material adaptado en lectura fácil ou indicacións claras para chegar aos colexios electorais.

Cambio da Lei electoral

As Cortes Xerais aprobaban a finais de 2018 unha modificación da Lei Electoral para que os 100.000 españois, con discapacidade intelectual, máis de 5.000 en toda Galicia, poidan exercer con plenas garantías o seu dereito ao voto nos próximos comicios, ademais de poder ser elixidos en calquera cota electoral. Segundo a lei, tras esta reforma, a ningunha persoa con discapacidade poderáselle retirar no futuro o dereito de sufraxio -activo e pasivo-, e quen estivese nesta situación á súa entrada en vigor recuperarano de modo automático sen ningún tipo de xestión ou trámite pola súa banda.

O SIMULACRO NOS MEDIOS:

GALERÍA DE FOTOS EN LA OPINIÓN CORUÑA

GALERÍA DE FOTOS ASPRONAGA

i n r f p s v t 0 1 2