ASPRONAGA contará cunha residencia para persoas con gran discapacidade cuxa construción custeará a Fundación Amancio Ortega

O presidente de ASPRONAGA, Álvaro Martínez, e o director xeral da Fundación Amancio Ortega, Óscar Ortega, asinaron hoxe un convenio de colaboración entre ambas as institucións para a construción dunha residencia destinada a persoas con grandes necesidades de apoio. A nova residencia, que terá capacidade para 15 usuarios, estará situada no municipio de Oleiros (A Coruña), no que xa se atopan as instalacións de ASPRONAGA.

Cunha superficie de 620 metros cadrados, a súa construción e equipamento terán un custo aproximado dun millón de euros, que correrá a cargo da Fundación Amancio Ortega. 

As obras de construción da residencia, cuxa duración se estima inferior a un ano,levarán a cabo a partir dun edificio existente destinado actualmente a outros usos e situado a 200 metros do centro de día de ASPRONAGA. Esta nova área asistencial contará con 15 habitacións dotadas de baño, un comedor, unha cociña, despensa, lavandería, dúas salas de coidados e curas e unha sala de visitas, entre outras dependencias, todas elas deseñadas de acordo ás necesidades de atención e mobilidade que require o tipo de usuario ao que están dirixidas.  

A Fundación Amancio Ortega apoia a ASPRONAGA no marco dos seus programas de apoio asistencial en colaboración con entidades do terceiro sector. 

i n r f p s v t 0 1 2