O Centro Ricardo Baró mergúllase no mundo da televisión na súa obra teatral

19.12.2019. Chega o Nadal e o Centro Ricardo  Baró sorpréndenos unha vez máis. Nesta ocasión, as 70 persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio e os profesionais do centro de Oleiros quixeron homenaxear o mundo televisivo. Así, ás 17.30 h da tarde, o espectáculo abría as súas portas para dan entrada a un multitudinario público que descoñecía, por completo, o que ía vivir…

Ábrese o pano e escóitase unha narración. O avó está a ver “ Lúar”. No escenario a cantante Rosalía acompaña a Gayoso... De súpeto, chega o neto e decide que prefire as citas románticas de “ First Dates” e Carlos  Sobera. Pero, a máis pequeno da familia tamén quere ver a tele e irrompe para conectar con “A Voz  Kids”. A nai, aburrida pon o concurso “Boom”, ata que un apagamento acaba con “a caixa parva”. Todo iso, cheo de moito humor e diversión. A representación teatral do Ricardo  Baró celébrase, cada ano, en vésperas do Nadal e é unha das actividades máis rechamantes que o centro realiza a favor da integración e o aumento da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas. Nel, participan activamente todos os usuarios e traballadores sorprendendo, cada ano, ao numeroso público asistente.

PINCHA NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOS

 

i n r f p s v t 0 1 2