O Centro Ricardo conta o seu día a día cun Musical

Chega o Nadal e o Centro Ricardo  Baró sorpréndenos unha vez máis. Nesta ocasión, as 70 persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas e os profesionais do centro de Oleiros quixeron contar como é un día na residencia de  Aspronaga a través dun sorprendente musical. Así, ás 17.30 h da tarde, o espectáculo abría as súas portas para dan entrada a un multitudinario público que descoñecía, por completo, o que ía vivir… 

E non defraudaron. Combinando narracións con escenas en directo e con moito humor e diversión, usaron coñecidos temas musicais para describir a hora de levantarse e almorzar, os momentos de traballo, a sesta, as festas e outras actividades ata o momento de irse á cama ou non… A representación teatral do Ricardo Baró celébrase, cada ano, en vésperas do Nadal e é unha das actividades máis rechamantes que o centro realiza a favor da integración e o aumento da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas. Nel, participan activamente todos os usuarios e traballadores sorprendendo, cada ano, ao   numeroso   público   asistente. 

VER GALERÍA

i n r f p s v t 0 1 2