A Coruña, casa de todos

O pasado 29 de Outubro, os nosos compañeiros Marta Costa, Javier Feijóo, Pedro Suárez,  Ismael Souto,  Ionut  Badea e Jose Jiménez recibiron un premio no Concello de A Coruña, por participar no proxecto "A Coruña, casa de todos. 

Unha vez máis,  Aspronaga colabora coa Sociedade Filatélica da Coruña creando, con outros compañeiros de  ASPERGA, un mural que conmemora o centenario do Palacio Municipal. 

Coa imaxe do mural editarase unha postal  prefranqueada que viaxará por todo o mundo.

O proxecto está enmarcado no programa Cultura Inclusiva, da Fundación  Emalcsa

 Entrega Diplomas A Coruña, casa de todos

i n r f p s v t 0 1 2