Santiago acolle el 21 encuentro de familias de persoas con discapacidade intelectual. (20/11/2015)

Este sábado, o Colexio La Salle de Santiago acollerá unha nova edición do Encontro de Familias de persoas con discapacidade intelectual, que cada ano organiza FADEMGA Plena inclusión Galicia co obxectivo de traballar en propostas de mellora que axuden a fomentar a calidade de vida do colectivo e das familias. 

O tema condutor nesta ocasión será "Valores de cinema" e profesionais do Movemento Asociativo encargaranse de dinamizar os talleres. Entre eles estarán Antonio Naya e Moisés Lamigueiro (Membros da Rede de Apoio á Ética de Plena inclusión España), Javier Perea (Director Técnico e de Calidade da Fundación Gil Gayarre, Madrid), Helio Gascueña (Presidente da Asociación APHISA, Alcalá de Henares) e Carmen Laucirica (Presidenta da Asociación APAELP, Gran Canaria). 

i n r f p s v t 0 1 2