Aspronaga crea un Observatorio de Calidade Permanente

21.05.2020. O Comité de  Ética de  Aspronaga acordou, nunha sesión mantida onte, a creación do Observatorio permanente do Comité de Ética de Aspronaga, co fin de recoller as situacións complexas e posible vulnerabilidade dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual, no complicado escenario actual. 

Doutra banda, constituíuse un grupo de traballo, dentro do Comité, encargado de auto avaliar o eixo de Ética  nun proxecto piloto de Plena Inclusión para  testar un novo modelo de Calidade. 

Así, o Comité de  Ética de  Aspronaga se reactiva, adaptándose ás novas circunstancias. Onte, a reunión tivo lugar de modo " online" resultando, en palabras dos asistentes, "un éxito" e "unha boa base para ser máis dinámicos e efectivos".

Momento de la reunión del Comité de Bioética de Aspronaga

i n r f p s v t 0 1 2