O CEE Ntra. Sra. de Lourdes participa no Día da Solidaridade de Hipermercados Alcampo

O pasado venres, participamos no Día da Solidariedade promovida por Hipermercados Alcampo, convidando a un aperitivo aos antigos alumnos que realizaron prácticas no Hipermercado e aos novos. Aproveitouse a ocasión para dar a benvida aos novos alumnos que este curso realizarán ditas prácticas.

Jose Portabales, responsable de Recursos Humanos, foi o encargado de ensinarlles o hipermercado coruñés e explicarlles que terán que realizar tarefas de reposición de produtos e de caixa. Nas oficinas, Portabales entregoulles a cada un a identificación que acredita que xa forman parte do equipo. É o cuarto ano consecutivo que Hipermercado Alcampo e Aspronaga asinan un convenio de prácticas. Unha colaboración que fai posible que os alumnos con discapacidade intelectual en formación, poidan aprender as tarefas na empresa ordinaria co obxectivo de formarse cara á súa inclusión social e laboral. Iniciativa que, ademais de proporcionar experiencia laboral, axuda a que as empresas descubran a multitude de aptitudes coas que estes mozos contan para o traballo.


i n r f p s v t 0 1 2