O Centro Ricardo Baró, solidario en Nadal (21/12/17)

Esta mañá, un grupo de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas e profesionais do Centro Ricardo  Baró fixeron entrega de máis de 30 caixas de comida non perecedoira, alimentación infantil, produtos de hixiene e cueiros infantís á Cociña Económica.

Unha furgoneta repleta de produtos que foi o resultado da campaña solidaria que naceu fai xa cinco anos, grazas á idea dunha das traballadoras do Ricardo  Baró e que se repite cada Nadal. Así, durante máis ou menos un mes antes do inicio das Festas, profesionais, usuarios con discapacidade intelectual e as súas familias doan unha gran cantidade de xoguetes e alimentos á Cociña Económica coruñesa, o que demostra que todos podemos ser solidarios. O Centro Ricardo  Baró, de  Aspronaga, abre as súas portas en 1989 en  Lamastelle, Oleiros. Na actualidade, 69 persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas viven no que xa se converteu no seu fogar. Actos como este, son unha mostra da súa progresiva inclusión tanto na vida diaria como na sociedade. 

Cocina Ecónomica

 

i n r f p s v t 0 1 2