Ensinamos na Universidade (29/04/2016)

Esta mañá un grupo de compañeiros do Centro Laboral Lamastelle fomos a dar unha clase sobre o uso de novas tecnoloxías a alumnos de primeiro do Grao de Terapia Ocupacional. Antes de empezar, Lisa, a directora do centro, e Marta, a Educadora Social explicaron que é Aspronaga e o que facemos no noso día a día. Jose, Isabel e Javi, como autogestores, contaron o que é a discapacidade intelectual desde o seu punto de vista e despois, un a un, demostramos todo o que aprendemos con Bety describindo as cousas máis importantes da nosa vida. Ao finalizar a clase, fíxosenos entrega do diploma que nos acredita como profesores universitarios por un día. Esperamos que aos estudantes gustáselles a experiencia tanto como a nós e que podamos repetir o próximo ano!

VER GALERÍA DE FOTOS. Fotógrafo:  Vicente Fernández/NwnPhoto

i n r f p s v t 0 1 2