Artabro & Axa escolle unha postal de Aspronaga para felicitar o Nadal (19/11/2015)

Esta mañá, e grazas á iniciativa dunha traballadora, a empresa de seguros Artabro & Axa elixiu a postal de Aspronaga coa que felicitará aos seus clientes este nadal. Así, o xurado, composto por María Maio e Gloria Rodríguez, en representación de Artabro Seguros; José Enrique Miranda, en representación de AXA; Pompeyo Fernández, xerente de Aspronaga; Marta Costa, usuaria de Aspronaga e Mercedes Rielo, familiar de Aspronaga escolleu a mellor entre as 59 postais elaboradas por persoas con discapacidade intelectual que se presentaron, con gran ilusión, ao concurso.

Tras unha dura deliberación, o gañador resultou ser Diego Varela, usuario do Centro Laboral Lamastelle, que decorou a súa postal cun boneco de neve feito de recortes. Ademais, aproveitando a ocasión, Artabro & Axa e Aspronaga pasaron unha mañá de convivencia, na que houbo detalles para os participantes, almorzo, e baile con actuación musical en directo.

i n r f p s v t 0 1 2