Compartimos arte có Lar de Nora (21/02/2018)

Como xa sabedes o pasado mes de xuño, un grupo de traballadores de  Pernod  Ricard realizaron un voluntariado con  Aspronaga que consistía en decorar 4 barricas da súa adega co fin de compartir arte. Tan bonitas quedaron que, desde xaneiro, forman parte da terraza da Lareira de  Nora, un local novo da Coruña.

Como xesto de agradecemento, o pasado mércores convidáronnos a uns petiscos. Os artistas aproveitaron para asinar as súas obras e compañeiros deixaron tamén a súa pegada artística. Encántanos compartir a nosa arte e que todo o mundo poida ver as barricas!. 

i n r f p s v t 0 1 2