O Centro Ricardo Baró organiza a terceira edición da súa carreira popular

Crías que este ano non ías correr connosco? Pois Non hai dous sen tres! Aínda que, cun pouco de atraso (por causas alleas), o próximo 20 de novembro celebraremos a III Carreira Popular do Centro Ricardo Baró  nas instalacións de Aspronaga en Oleiros.

Unha carreira aberta a todo ao mundo con diferentes categorías: CARREIRA ABSOLUTA PARA MAIORES DE 18 ANOS (10.00h da mañá, 6,4km) e CATEGORÍAS MENORES E PROBA ADAPTADA (a partir das 11.30h en Lamastelle). As inscricións na carreira pódense realizar mediante a web da Carreira ou na páxina www.championchipnorte.com . As inscricións estarán abertas desde o día 31 de Outubro ao 16 de novembro.Para os atletas a partir de 18 anos o prezo será de 5 euros e 6 euros (para quen non dispoña do chip amarelo).

A inscrición para as categorías menores e proba adaptada será gratuíta, enviando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, localidade e Club (en caso de pertencer a algún) a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..    

i n r f p s v t 0 1 2