Entidades sociais da Coruña únense para celebrar o Día da Discapacidade

Un total de 17 entidades dedicadas á atención e á integración das persoas con discapacidade da Coruña e a súa contorna acordaron a celebración conxunta, por primeira vez, do Día Internacional da Discapacidade, que se conmemora cada ano o día 3 de decembro. 

Representantes de Adaceco, Grumico, Pai Menni, Fegerec, Aspronaga, Aspanaes, Aspadisol, Asociación de Parapléxicos da Coruña, Down Coruña, Adcor, Feafes, Apem e ASPACE Coruña debateron sobre diferentes propostas que se concretarán nas próximas semanas e ás que tamén se unirán a ONCE, Aspesor, a FAXPG, Agaela, ASPABER,AIND, Asociación Pascual Veiga e afectados de fibromialxia . Todos os asistentes coincidiron na idea de que a iniciativa que salga adiante terá varios obxectivos, como son a concienciación, a visibilización das capacidades das persoas e sobre todo de implicar a toda a cidadanía coruñesa.

 

i n r f p s v t 0 1 2