El CEE Ntra. Sra. de Lourdes honra a súa Patroa cunha homenaxe a Queen

Moitas coroas, bigotes e guitarras. Os alumnos e profesores do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes homenaxearon, esta mañá, ao grupo Queen con motivo da celebración da súa Patroa. Con ocasión do 25 aniversario da morte do cantante Freddie Mercury, o Centro de Educación Especial de Aspronaga quixo celebrar a ritmo de rock a festa de Lourdes. Así, cada aula subiuse ao escenario para representar os temas máis clásicos de Queen ante un numeroso e animado público. Para os alumnos con discapacidade intelectual, a celebración da súa Patroa é a data máis especial do ano, xa que se esforzan moito en preparar as súas actuacións e escenificalas ante as súas familias e amigos. 

VER FOTOS

i n r f p s v t 0 1 2