Voluntarios de Coca-Cola comparten obradoiros medioambientais con Aspronaga

22.04.2017 Esta mañá, 9 voluntarios de Coca-Cola compartiron unha xornada de convivencia con persoas con discapacidade intelectual de Aspronaga. A actividade, que ten como obxectivo "coñecer a realidade das persoas con discapacidade intelectual que residen na nosa contorna", está coordinada por Cooperación Internacional ONG e conta coa colaboración do Grupo Hábitat para a realización dos talleres. 

Así, o grupo de voluntarios trasladouse á Casa de Lamastelle, residencia de Aspronaga en Oleiros, para pasar unha animada mañá xunto aos residentes. O primeiro paso foi o das presentacións nas que, aproveitando o xogo da Pelota Ardente, cada un dixo o seu nome, a súa procedencia e algo que lle gustase moito. Unha vez presentados, cada participante de Aspronaga elixiu o seu compañeiro de Coca-Cola para formar divertidos equipos. Xa en parella, puxéronse ao choio para a realización de actividades ambientais como un taller de pegadas de mamíferos en escaiola, un taller de biodiversidade e un taller para a decoración e instalación de casas-niños para aves autóctonas. Para poñer o broche final, nada mellor que un aperitivo e a proxección de fotos que demostraron o éxito da xornada. 


DOSSIER DE PRENSA (23/04/2017)

VER FOTOS

 

 

i n r f p s v t 0 1 2