Aspronaga celebra o 42º Festival da Canción

Un total de 21 agrupacións e solistas  competiron o 21 e 28 de outubro por ser un dos gañadores do 42 Festival da Canción de  Aspronaga. Os artistas subíronse ao escenario  ante  a crítica mirada do xurado e o numeroso público asistente, que vive con gran ilusión e entusiasmo este importante evento para a gran familia de  Aspronaga.

Como xa é tradición, os socios e socias do Club Finisterre foron os encargados de facer todos os decorados ademais de elixir o tema sendo, este ano, Caperucita Vermella a protagonista do teatro.  Durante o último mes, dedicaron os sábados para preparar decorados, vestiario e a ensaiar as súas actuacións construíndo, co apoio dos voluntarios, un espazo único. O Festival da Canción é organizado polo Servizo de Lecer de  Aspronaga  e conta coa colaboración de  Gadis, Escola de Tenis  Marineda, Coca-Cola, Deportivo da Coruña,  Naker, Clínica da  Sen  Sib,  Tourgalia, Barbería  Boutique  Mábaka,  Superpapelería e colexio Compañía de María. 

VER FOTOS

i n r f p s v t 0 1 2