O deseño de Tamara Iglesias será a imaxe do 3º Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña

Xa temos gañadora do concurso do cartel do 3º Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña. Tras unha intensa deliberación, o xurado, composto por Diego Bellón, Ana Rey e Samuel Valiño, seleccionou o debuxo de Tamara Iglesias como imaxe do torneo. En segundo lugar, foi elixido o traballo de Marta de la Fuente e, en terceiro, o de Javier Ribeira.

Resolto o concurso, a entrega de premios está prevista o próximo 23 de abril no Club Finisterre, segundo o establecido nas bases: 

1º Premio: Clases gratuítas de tenis. Ademais de ser a imaxe do torneo. 
2º Premio: bono de 50 euros para o Servizo de Lecer de Aspronaga. 
3º Premio: entrega dun trofeo. 

Moitas grazas a todos/as por participar!

O III Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña celebrarase o 7 de Maio de 2016 na Barcala-Cambre. Está organizado por Aspronaga e a Escola de Tenis Marineda. Os equipos están formados por persoas con e sen discapacidade que compiten en Atletismo, Tenis, Fútbol, Baloncesto, Boccia, Slalom e Tag Rugby.

 

i n r f p s v t 0 1 2