Aspronaga presenta

28.05.2019. Esta mañá,  Aspronaga presentou, no Ágora, á sociedade “Coruña ao teu alcance. Ti es Coruña”, un proxecto que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade cognitiva na comunidade, mediante a aplicación  Mefacilyta, desenvolta pola Fundación Vodafone.

Son moitos os organismos que, a día de hoxe, continúan tendo barreiras que dificultan a autonomía das persoas, debido a infraestruturas pouco accesibles ou por falta de información adaptada. Por iso, o equipo de  Aspronaga, traballa xerando mellores sinalizacións e itinerarios accesibles para o desprazamento polos recursos municipais, coa finalidade de chegar ás diferentes plantas e servizos ofrecidos.
Así, en Coruña o proxecto sitúase en dous centros sociais de referencia en cultura, arte e servizos sociais: o Fórum Metropolitano e o Centro Ágora creando itinerarios accesibles a través de códigos  QR que guíen ás persoas polas diferentes plantas e servizos ofrecidos e, nas bibliotecas municipais, creando apoios visuais e  auditivos, a través de códigos  QR que inclúen información sobre como facerse socio na biblioteca, como pedir un préstamo dalgún artigo, como acceder á aula de informática ou outros servizos.
O proxecto, financiado pola Fundación Vodafone, iníciase en setembro de 2018 coa creación dun equipo de traballo composto por un profesional e 5 persoas con discapacidade intelectual de  Aspronaga. Tras as etapas de formación en  Mefacilyta, créanse os códigos  QR e os apoios para o seu posterior  testeo. A día de hoxe, xa existen paneis, tanto no Forum como no Ágora cos diferentes apoios aos que se pode acceder. 
“Coruña ao teu alcance” involucra a diversos colectivos que se atopan con dificultades de acceso á cultura debido á falta de accesibilidade cognitiva nos recursos municipais, por iso participan entidades como Ecos  do Sur, a Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados,  Artefios e  Adcor.

 

i n r f p s v t 0 1 2