Aspronaga e a Fundación Alcampo apostan por mellorar os hábitos alimenticios entre os xoves

A Coruña, 26 de marzo de 2019. Esta mañá, cinco alumnos do CEE Nosa Señora de Lourdes- Aspronaga foron os encargados de presentar o proxecto co que o centro de educación especial e Fundación Alcampo apostan por mellorar os hábitos alimenticios dos mozos . Así, co asesoramento da UDC Saudable, o obxectivo desta iniciativa é substituír o  tentempié que trae o alumnado de casa polas súas propias eleccións diarias, á hora do recreo.

A idea é que consuman “merendas saudables” que obteñen dunha máquina expendedora, con apoio dunha aplicación móbil. Un proxecto multidisciplinar e innovador que busca o aumento das competencias do alumnado, mediante a mellora dos seus hábitos, e a realización de todas as accións relacionadas co desenvolvemento do mesmo: facer inventario, comprar e repoñer e manter a “Máquina da saúde”; entre outras funcións. 

A iniciativa, impulsada polo CEE Nosa Señora de Lourdes e o Hipermercado Alcampo A Coruña, conta co apoio da Fundación Alcampo pola Mocidade, dotando o proxecto con máis de oito mil euros. 
A presentación, que tivo lugar na sede do CEE Nosa Señora de Lourdes, contou coa presenza do director do Hipermercado Alcampo Coruña, José M.  Ribá; Nicanor Álvarez, presidente de  Aspronaga; Pablo Lojo, responsable da empresa Selecta;  Sergio Santos, director de UDC Saudable e Rubén Mateos, director do CEE Nosa Señora de Lourdes- Aspronaga; familiares e profesionais, entre outros. 

O proxecto

Aspronaga e o  Hipemercado Alcampo A Coruña colaboran, desde hai 4 anos, para a realización de prácticas inclusivas e, de maneira habitual, acollendo visitas do alumnado. Neste contexto, o hipermercado e o colexio de educación especial deciden, a finais de 2018, estreitar lazos de novo e presentar á Fundación Alcampo pola Mocidade este proxecto sobre a promoción de hábitos máis saudables.  

Así, baixo a premisa de que “se pode comer de todo, dependendo da frecuencia” establécense varias fases: 

1.- Valoración de hábitos e formación. Un equipo de alumnos rexistra as merendas que traen os seus compañeiros/ as cada día ao longo dun mes e extraen as conclusións.  Realízase traballo na aula sobre alimentación saudable e impártense   charlas sobre nutrición a alumnos. Tamén se comunica o proxecto a familias. Neste fase, os alumnos  elijen libremente os produtos que desexan que estean na máquina de  vending. Con esta acción, establécese unha liña basee para mellorar os criterios de selección. 

2.- Máquina vendingUnha vez que a máquina, achegada ao proxecto de maneira gratuíta pola empresa Selecta, está instalada, un equipo de alumnos encárgase dos pedidos e as compras; outro da almacenaxe e recárgaa e un terceiro equipo da contabilidade. Da mesma maneira, os estudantes implicados explican aos seus compañeiros o funcionamento da máquina e créase unha aplicación móbil para a elección de merendas. Configúrase a máquina con produtos de frecuencia diaria (verde), 2 á semana (amarelo) e 1 á semana (vermello). Os alumnos traballan, por medio da aplicación, as súas eleccións e cunha moedeiro virtual para manexar o seu orzamento. As eleccións semanais en verde son premiadas. 

3.- Evaluación e divulgación. A Universidade  da Coruña (Ciencias da Saúde) e os centros educativos colaboradores serán os principais foros nos que se comunique a experiencia.  Paralelamente, realízanse comunicacións aos profesionais do Hipermercado Alcampo A Coruña e, á súa vez, profesionais do Hipermercado Alcampo A Coruña ofrecen charlas formativas ao alumnado sobre aspectos relacionados co ámbito da alimentación. En todos os casos, pola nosa banda, o alumnado será o encargado da divulgación.

 

i n r f p s v t 0 1 2