O Centro Laboral Lamastelle celebra o seu 37 aniversario cunha gran “Festa Disco” (03/06/2016)

Se algo teñen as 200 persoas con discapacidade intelectual do Centro Laboral Lamastelle é ritmo no corpo. Así se demostrou, hoxe, na celebración do 37 aniversario das instalacións de Aspronaga en Oleiros. 

E como boa discoteca, a festa empezou pola mañá cun quecemento a base de actividades deportivas e lúdicas para dar paso á "Sesión musical Lamasteliana", na que varios grupos fixeron un repaso pola música máis bailada das últimas décadas.  Tras unha saborosa "Comida electrónica", que xuntou a máis de 300 persoas, chegou a "rave" con zona disco, a orquestra e, un ano máis, a animada percusión dos Kilomberos.

GALERÍA DE FOTOS

 

i n r f p s v t 0 1 2