Peche Centro Ocupacional e Centro de Día Lamastelle por un caso positivo en coronavirus.

Oleiros, 11 de marzo de 2020.  Aspronaga informa de que, debido a que unha usuaria do Centro Ocupacional deu positivo en coronavirus, o Centro Ocupacional e o Centro de Día de  Lamastelle permanecerán pechados por un período de 14 días, inicialmente.

O propósito do peche dos centros é protexer a saúde de todas as persoas que acoden diariamente ás devanditas instalacións mentres a Consellería de Sanidade realiza as investigacións epidemiolóxicas oportunas. 

Mañá, xoves 12 de marzo, levará a cabo a desinfección de ambos os centros e, a partir dese momento, queda totalmente prohibido o acceso ao interior das instalacións. 

Aspronaga facilitará as ferramentas para aqueles profesionais que poidan exercer e soliciten o teletraballo e manterá informadas, a todas as persoas afectadas polo peche, das novidades que se produzan. 

No caso de que algunha persoa relacionada coa entidade, teña síntomas (febre, tose, dificultade ao respirar…) debe chamar ao 061 e informar de se tivo contacto con algún caso. 

Desde a Consellería de  Sanidade transmítennos tranquilidade e que se tomen as medidas de prevención habituais. 

En principio, non hai  medidas concretas para os contactos de contactos.  No caso de que se modificasen estas circunstancias, informaríase a todas as persoas afectadas. 

A día de hoxe, o resto de centros e servizos de  Aspronaga funcionan con normalidade, excepto o Servizo de Lecer que suspende todas as súas actividades. 

Durante o período de peche, manteranse habilitados, en horario laboral, todos os teléfonos de contacto e  mails habituais. 

Para máis información relacionada con  Aspronaga estamos á vosa disposición no número 629 713 687. 

i n r f p s v t 0 1 2