Xuntos, de novo, "Baixo o mesmo paraugas"

O pasado domingo, 3 de decembro, 28 asociacións da Coruña xuntámonos para celebrar, por segundo ano consecutivo,  o Día Internacional da Discapacidade " Baixo ou  mesmo  paraugas". 

Foi unha xornada moi emotiva na que, tras as palabras do alcalde da Coruña,   Xulio Ferreiro, e a lectura do manifesto por parte do representante do movemento,  Eulogio López; expresamos as nosas peticións, necesidades e desexos para facernos visibles ante a sociedade. Así, sobre un milleiro de paraugas de cores alagaron a praza de María Pita ao redor das 12 da mañá nun acto cualificado como un "éxito" por todos os asistentes. Para o ano.. máis e mellor! 

i n r f p s v t 0 1 2