O Centro Ricardo Baró presenta o seu particular “Conto de Nadal” (16/12/2015)

Chega o Nadal e o Centro Ricardo Baró sorpréndenos unha vez máis. Nesta ocasión, as 66 persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas e os profesionais do centro de Oleiros optaron por unha espectacular e orixinal combinación entre cinema e teatro para contar a súa propia visión do conto de Dickens.

Así, ás 17.30h da tarde, o centro convertíase nunha sala de cinema co seu despacho de billetes de entradas, posto de venda de flocos de millo e, mesmo, un grupo de paparazzi esperando ás familias e amigos que encheron a sala. Unha vez dentro, os espectadores gozaron de diferentes escenas do ?conto de nadal? proxectadas na pantalla, e na que os residentes eran os protagonistas, intercaladas coa representación teatral, en vivo e en directo, de tradicionais anuncios do Nadal e actuacións musicais. A representación teatral do Ricardo Baró celébrase, cada ano, en vésperas do Nadal e é unha das actividades máis rechamantes que o centro realiza a favor da integración e o aumento da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas. Nel, participan activamente todos os usuarios e traballadores sorprendendo, cada ano, ao   numeroso   público   asistente. Así, reflectiuno Antonio Naya, director do centro, quen destacou a "ilusión, paixón e alegría" coa que todos participaran na organización deste especial día.  

 

i n r f p s v t 0 1 2