O colexio de Aspronaga gaña o 2º premio do concurso ao Mellor Blogue da Voz de Galicia

A aula Verde do CEE Nuestra Señora de Lourdes foi galardoada co segundo premio no concurso ao "Mellor Blogue" , impulsado polo programa Prensa-Escola de La Voz de Galicia. Co apoio da súa titora, Fátima Rey, e do profesor Jaime Vidal, o blogue "O lapicero verde" converteuse nunha ferramenta fundamental para desenvolver as intelixencias múltiples, eixo do proxecto educativo. 

Desta forma, "O lapicero verde" conxuga o traballo coa prensa na aula coas crónicas das visitas realizadas polos alumnos. Estas excursións convértense en viaxes de investigación que despois contan co seu propio espazo informativo no blogue.

Como premio polo seu estupendo traballo, alumnos e profesores gozarán dunha excursión que seguro lles dará para elaborar un bo «post»: pasarán un día no circuíto Karting Racing Dakart de Sanxenxo. A coordinadora leva unha cámara dixital.

i n r f p s v t 0 1 2