Homenaxe a Elías Palacio

A Xunta Directiva de Fademga Plena Inclusión Galicia homenaxeará a Elias Palacio Verdini, secretario de Aspronaga, pola súa traxectoria dentro do movemento asociativo e a súa enorme vinculación coas persoas con discapacidade intelectual, as familias, a xunta directiva da Federación e un enorme etc. 

A data prevista para a celebración do acto será o sábado 29 de abril en Santiago de Compostela cunha homenaxe a media mañá e unha comida. Co fin de facer unha previsión de asistencia e comezar a organización do acto, cada entidade debe enviar o número de persoas que desexan acudir. Así, rogámosvos que se queredes acompañar a Elías neste día tan especial chamedes ao 981610850 (preguntar por Pili) ou escribades un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , antes do próximo luns 20 de marzo.  En breve enviaremos a información completa do acto (custo da comida, hotel, horario, programa e ficha de inscrición oficial).Esperamos que vos animedes a asistir e a acompañar a Elías nesta merecida homenaxe!

i n r f p s v t 0 1 2