Aspronaga e Club Atletismo Sada únense pola integración da persoas con discapacidade intelectual no deporte

Esta tarde, o xerente de Aspronaga, Pompeyo Fernández, e o presidente do Club Atletismo Sada, Fernando Míguez, hanfirmado o convenio que corrobora o compromiso de ambas as entidades coa integración das persoas con discapacidade intelectual no mundo do deporte e do atletismo, en particular.

Así, Aspronaga e o Club Atletismo Sada comezan un camiño no que o principal obxectivo é a formación e participación dos asociados de Aspronaga tanto como deportistas no club como colaborando na organización de eventos deportivos, como voluntarios. Precisamente, a relación entre a Asociación e o Club naceu o pasado ano, coa celebración da I Carreira Popular do Centro Ricardo Baró, xa que os sadenses participaron moi activamente na organización desta carreira do centro de Aspronaga en Oleiros, con motivo do seu 25 aniversario. É agora, a dous días da celebración da segunda edición da carreira popular, cando se formaliza esta relación, tan satisfactoria para ambas as partes.  

Firma convenio Aspronaga CAS

Na foto de esquerda a dereita: Antonio Naya, director do Centro Ricardo Baró; Juan Méndez, deportista do CAS e traballador de Aspronga; Mª Luisa Armesto, membro do equipo directivo do CAS; Marisa Rúa, deportista do CAS e traballadora de Aspronaga; Samuel Pérez, membro da comisión de Lecer de Aspronaga; Iago Graña, director do Servizo de Lecer de Aspronaga; Pompeyo Fernández, xerente de Aspronaga e Fernando Míguez, presidente do CAS. 

i n r f p s v t 0 1 2