Centos de persoas corren co Ricardo Baró (01/11/2015)

Foi un día inesquecible no que centos de persoas correron connosco. A II Carreira Popular do Centro Ricardo Baró non decepcionou a ninguén. Unha hora antes do pistoletazo de saída, moitos dos 300 corredores que se inscribiron na Categoría Absoluta xa quentaban polos arredores de Lamastelle. O sol non se quixo perder a xornada e, nunha agradable mañá, os maiores de 18 anos deron paso ás categorías menores, que se deixaron a pel na pista. Despois, chegou o momento máis especial, a carreira adaptada. Case todos as persoas con grandes necesidades de apoio do Centro Ricardo Baró colocáronse na saída acompañados por voluntarios que non dubidaron en correr connosco. Entrega de trofeos aos gañadores e ata o ano que vén!

GALERÍA DE FOTOS

i n r f p s v t 0 1 2