Inscríbete na IV Carrera Popular do Centro Ricardo Baró

E xa van 4! En 2017, recuperamos o 1 de novembro como a data que debes marcar no teu calendario porque no Centro Ricardo  Baró (residencia de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas pertencente a  Aspronaga) repetimos experiencia e convidámosche a que corras connosco. Así, o vindeiro mércores, 1 de Novembro de 2017, as instalacións de  Aspronaga en Oleiros, acollerán a carreira que xa se converteu nunha tradición na comarca. Unha carreira para todos e todas, de 0 a infinitos anos e con todo tipo de mobilidades. Non cho perdas e o...#1 novcorreconnos !!!

Así, o evento conta con CARREIRA  ABSOLUTA PARA MAIORES DE 18 ANOS (10.00 h da mañá,  aprox. 6 km) e CATEGORÍAS MENORES E PROBA ADAPTADA (a partir das 11.30 h en  Lamastelle). As inscricións na carreira pódense realizar mediante a web da Carreira ou na páxina www.championchipnorte.com . Para os atletas a partir de 18 anos o prezo será de 5 euros e 6 euros (para quen non dispoña do chip amarelo). Gratuita para as categorías menores.  A inscrición para as categorías de  chupete e proba adaptada realízase enviando nome e apelidos, DNI e data de nacemento a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Máis información

 

 

i n r f p s v t 0 1 2