Usuarios de Aspronaga deseñan un selo e unha postal

O 20 de xullo, o alcalde da Coruña,  Xulio Ferreiro; a edil de “Igualdade e Diversidade”, Rocío Fraga e representantes da Sociedade Filatélica da Coruña,  Aspronaga e Cruz Vermella foron os encargados de entregar os premios aos gañadores do concurso “Debuxa o teu selo”. Grazas a esta convocatoria, editaranse 1200 postais e 1200 selos con debuxos realizados por persoas con discapacidade intelectual de  Aspronaga. 

O pasado 12 de maio, a Sociedade Filatélica publicaba as bases da convocatoria para o orixinal concurso “Debuxa o teu selo”, dirixido a persoas con discapacidade intelectual de  Aspronaga e posto en marcha coa colaboración da Fundación  Emalcsa. O tema escollido foi “A Coruña e a Cruz  Vermella”, en homenaxe ao 120 aniversario da inauguración do primeiro hospital  dela Cruz Vermella na Coruña. 

Tanto o xurado que seleccionou aos gañadores entre os 78 participantes, como os presentes no acto desta mañá, mostraron o seu asombro pola gran calidade dos debuxos e manifestaron estar impresionados por como souberan captar a mensaxe que se quería transmitir con esta iniciativa.  O próximo novembro, celebrarase unha exposición na que se ensinarán os 25 deseños seleccionados polo xurado. 

O programa “Cultura Accesible e Inclusiva”, promovido pola Fundación  Emalcsa, ten como obxectivo a cooperación de entidades do tecido asociativo da cidade con outras do ámbito social co fin de poñer en marcha acciones que favorezan a total inclusión na sociedade así como ou acceso aos ámbitos culturais de toda a veciñanza..  

Y por cierto...  el Alcalde de A Coruña ¡ya tiene sucesor! :)

i n r f p s v t 0 1 2