Seiscentas persoas celebran a V Festa das Familias de Aspronaga

Ao redor de seiscentas persoas reuníronse durante todo o día de hoxe para celebrar a Festa das Familias de Aspronaga. Así, as máis de trescentas persoas con discapacidade intelectual, familiares, traballadores   e voluntarios de todos os centros e servizos de Aspronaga viviron unha xornada, en común, chea de actividades.

Confirmación data Festa de Familias

Informámosvos  de que a V FIESTA DE FAMILIAS celebrarase o próximo martes, 20 de septiembre. Soamente é necesario que nos avisedes no caso de novas inscripcións ou de que algún dos inscritos non poida asistir.  Para comunicar cambios nas inscripcións: chamar ao 981 61 08 50 antes de mañá, venres 16 ás 14:00 h. ¡Grazas e perdoade as molestias!

 

V Festa de Familias de Aspronaga

Por quinto ano consecutivo, dispoñémonos a celebrar unha  Xornada de convivencia de Familias e usuarios de todos os centros de ASPRONAGA. Tras o éxito das anteriores edicións,volveremos gozar dunha xornada lúdica, onde poderemos divertirnos, coñecernos e vivir, de novo, un día moi especial todos xuntos.

O Ricardo Baró presenta o seu blogue de viaxes

"Viajes del CRB"  é o nome do novo blogue do Ricardo Baró no que os residentes do centro contarannos as súas aventuras estivais. Desde excursións dun día ata estancias en casa rurais de fin de semana ou campamentos de verán.

Aspronaga publica a Memoria de Actividades de 2015

O pasado 28 de xunio no marco da celebración da Asamblea General, os socios de Aspronaga deron luz verde, tanto a a Memoria de Actividades comoas Contas Anuales de 2015.

Vacacións de Verán 2016

Xa tedes á vosa disposición a proposta do Servizo de Lecer de Aspronaga para as vacacións de verán, atoparás un plan á túa medida. Albergues, chalés, natureza, praia, visitas turísticas, compañeirismo e moita, moita diversión. Ponche en contacto connosco para aclarar calquera dúbida. Tlf: 981145796 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PROPOSTA DE VACACIÓNS DE VERÁN

O presidente de Aspronaga incorpórase a xunta directiva de Fademga Plena Inclusión Galicia

O presidente de Aspronaga, Álvaro Martínez García, foi elixido como un dos membros da novo xunta directiva da federación autonómica, Fademga Plena Inclusión Galicia. Así, por cuestións organizativas, o secretario de Aspronaga, Elías Palacio, deixa de formar parte da mesma, tras moito anos dun incesante e recoñecido traballo na entidade galega.

O Centro Laboral Lamastelle celebra o seu 37 aniversario cunha gran “Festa Disco” (03/06/2016)

Se algo teñen as 200 persoas con discapacidade intelectual do Centro Laboral Lamastelle é ritmo no corpo. Así se demostrou, hoxe, na celebración do 37 aniversario das instalacións de Aspronaga en Oleiros. 

Alumnos do CEE Ntra. Sra. de Lourdes reúnen 177 pares de zapatillas para nenos refuxiados

A aula Lila do CEE Nosa Señora de Lourdes (Aspronaga) reuniu 177 pares de zapatillas deportivas para nenos do campo de refuxiados de Katsika (Grecia). Todo empezou o pasado 28 de abril, cando os alumnos con discapacidade intelectual animáronse a participar na campaña "Ponte nos meus zapatos", promovida pola asociación Solidarykids, converténdose, así, no único centro de educación especial de toda España que participa nesta acción solidaria.

Alumnos de Aspronaga visitan o CIFP Someso (25/05/2016)

Foi unha mañá chea de aprendizaxes, complicidade, compañeirismo, ilusión e beleza. Un grupo de alumnos do CEE Ntra. Señora de Lourdes (Aspronaga) visitou, onte, as instalacións do CIFP Someso. En concreto, os talleres de Barbería e de Estética da Familia Profesional de Imaxe Persoal.

i n r f p s v t 0 1 2