Aspronaga constitue o primeiro Comité de Ética Asistencial para persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia.

17 DE NOVEMBRO DE 2017. Esta mañá, a Asociación Prol Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia ( Aspronaga) constituíu, oficialmente, o primeiro “Comité de Ética Asistencial para persoas con Discapacidade Intelectual” de Galicia.

Campaña Nadal, Calendarios e rifas CRB

Xa están á venda os Calendarios do Centro Ricardo  Baró 2018 e as rifas para unha completa Cesta de Nadal. Podes adquirilo no propio centro (Avda. Isaac Díaz Pardo, 15. 15179 - Oleiros). Ademais, xa estamos man á obra coa campaña solidaria a favor da Cociña Económica. 

Exposición "Debuxa o teu selo"

Raquel, Jose e  Sasá, gañadores do concurso "Debuxa o teu selo", asistimos, o pasado 9 de novembro, á inauguración da exposición organizada pola Sociedade Filatélica da Coruña, "120 anos  do  primeiro hospital dá Cruz  Vermella  na Coruña". Nesta exposición podes ver ata o 26 de novembro ademais dos 4 debuxos gañadores, os 21 deseños finalistas. Esperamos que vos guste moito, nós estamos encantados de que se ensine a nosa arte!!!!!!!! Casa da Cultura Salvador Madariaga.  C/Durán Loriga, 10. A Coruña. Aberta de 12 h a 14 h e de 18 h a 21 h.

Ao redor de 700 persoas corren co Centro Ricardo Baró

1 de Novembro de 2017. Ao redor de 700 persoas correron esta mañá co Centro Ricardo  Baró ( Aspronaga), nun evento que, aos poucos, consolidouse como un dos días deportivos e inclusivos máis especiais na comarca. E é que, tal e como os corredores aseguran, o 1 de novembro xa é unha data fixada no seu calendario, porque é unha carreira “especial” e “diferente”, na que as 69 persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas acollen a preto dun milleiro de persoas (entre deportistas, acompañantes, familias, amigos, traballadores, voluntarios…. ) na súa casa. 

Aspronaga celebra o 42º Festival da Canción

Un total de 21 agrupacións e solistas  competiron o 21 e 28 de outubro por ser un dos gañadores do 42 Festival da Canción de  Aspronaga. Os artistas subíronse ao escenario  ante  a crítica mirada do xurado e o numeroso público asistente, que vive con gran ilusión e entusiasmo este importante evento para a gran familia de  Aspronaga.

Inscríbete na IV Carrera Popular do Centro Ricardo Baró

E xa van 4! En 2017, recuperamos o 1 de novembro como a data que debes marcar no teu calendario porque no Centro Ricardo  Baró (residencia de persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas pertencente a  Aspronaga) repetimos experiencia e convidámosche a que corras connosco. Así, o vindeiro mércores, 1 de Novembro de 2017, as instalacións de  Aspronaga en Oleiros, acollerán a carreira que xa se converteu nunha tradición na comarca. Unha carreira para todos e todas, de 0 a infinitos anos e con todo tipo de mobilidades. Non cho perdas e o...#1 novcorreconnos !!!

Xogadores de Aspronaga participan co Depor na Liga Genuine

Xogadores do equipo de fútbol de  Aspronaga xa iniciaron os adestramentos co  Depor para participar na "Liga  Genuine". Esta competición esta formada por conxuntos do colectivo de persoas con discapacidade intelectual, no día do arranque de  LaLiga Santander 2017-2018.Tino Fernández, presidente do  RC Deportivo, e os representantes das 5 entidades colaboradoras, asinaron o convenio na Sala de Prensa do Estadio  ABANCA-RIAZOR. 

Voda en María Pita para culminar o proxecto

O pasado 29 de xullo, o proxecto "Desde lo Invisible" puxo o seu broche de ouro coa celebración dunha gran voda en María Pita. Así, a iniciativa, impulsada pola Quinta da arte,  puxo en escena o espectáculo teatral froito de dous meses de ensaio a través dun proceso de creación colectiva. 

Aspronaga celebra a sexta Festa de Familias (22/09/2017)

Ao redor de seiscentas persoas reuníronse, durante todo o día de hoxe, para celebrar a sexta Festa das Familias de  Aspronaga na leira de  Lamastelle (Oleiros) . Así, as máis de trescentas persoas con discapacidade intelectual, familiares, traballadores   e voluntarios de todos os centros e servizos de  Aspronaga viviron unha xornada, en común, chea de actividades. 

i n r f p s v t 0 1 2