Un centenar de deportistas participarán no 6 Torneo de Deporte Inclusivo de A Coruña

Un centenar de deportistas con e sen discapacidade daranse cita, este sábado 11 de maio, na sexta edición do Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña. Así, co fin de promover a inclusión social, cada equipo practicará varios deportes adaptados como fútbol sala, tenis, atletismo, boccia, baloncesto e slalom en cadeira de rodas. Todos os equipos xogarán a todos os deportes e estarán constituídos por persoas con e sen discapacidade. Ademais, ao finalizar a xornada, farase entrega dos trofeos.

O Centro Ricardo Baró fai o Camiño de Santiago

Chegou o gran día. Tras semanas de adestramento, once persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio, residentes do Centro Ricardo Baró , están preparadas para iniciar o seu camiño. Desde Baiona ata Santiago de Compostela, andan 5 quilómetros diarios do Camiño Portugués, desde o mércores 8 de maio ata o sábado 11. Acompáñanos 4 coidadores e 1 voluntario pero, na etapa final, compañeiros do centro e familiares uníronse ao Camiño para chegar todos xuntos á capital galega.

O colexio de Aspronaga participa ne feria Zientzia Azoka de Bilbao.

Dez estudantes e 4 docentes do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes- Aspronaga participan, este sábado 11 de maio, na feira Zientzia Azoka, que se celebrará na Praza Nova de Bilbao. O centro de Aspronaga expoñerá, nesta feira científica de gran prestixio, os produtos de apoio que elaboran coa impresora 3D e realizarán unha práctica con impresora e computador na que fabricarán unha férula personalizada.

Aspronaga participa no simulacro electoral organizado por Fademga

05/04/2019. Ao redor de 40 persoas con discapacidade intelectual de  Aspronaga participaron no simulacro electoral organizado por Fademga na Casa da Auga (A Coruña).

Aspronaga e a Fundación Alcampo apostan por mellorar os hábitos alimenticios entre os xoves

A Coruña, 26 de marzo de 2019. Esta mañá, cinco alumnos do CEE Nosa Señora de Lourdes- Aspronaga foron os encargados de presentar o proxecto co que o centro de educación especial e Fundación Alcampo apostan por mellorar os hábitos alimenticios dos mozos . Así, co asesoramento da UDC Saudable, o obxectivo desta iniciativa é substituír o  tentempié que trae o alumnado de casa polas súas propias eleccións diarias, á hora do recreo.

Homenaxe a Ana García Amor

O pasado 21 de marzo, a asemblea de  Aspronaga rendeu homenaxe a Ana García Amor, por "os moitos anos dedicados á nosa Asociación e o seu especial agarimo á Casiña de  Lamastelle"; en referencia á residencia que se inaugurou en 2002 nas instalacións de Oleiros e na que conviven adultos con discapacidade intelectual.

Un deseño de Jose Jiménez gaña o concurso nacional TUSello

15.03.2019 Debuxo en man, Jose Jiménez pousa orgulloso xunto a representantes da Sociedade Filatélica, Cruz Vermella e a Asociación. E non é para menos, o deseño realizado polo residente o Centro Ricardo  Baró alzouse co primeiro premio do Concurso Nacional de  TuSello, unha iniciativa organizada polo Círculo Filatélico,  Numismático e de Coleccionismo  IBN ao- ABBÂR ONDA cuxo obxectivo é recoñecer e premiar o esforzo na creación individual ou colectiva que realizan os afeccionados á filatelia de toda España.

Concurso deseño cartel 6º Torneo de Deporte Inclusivo da Coruña

Un ano máis  Aspronaga organiza o Torneo Deportivo Inclusivo da Coruña. Todas as persoas con discapacidade intelectual que estean nun centro de  Aspronaga poden participar no concurso que elixe a imaxe do cartel. 

Educación confirma que non pechará os centros de Educación Especial

A Ministra de Educación e Formación Profesional, María Isabel  Celaá, dirixiu unha carta a Santiago López, presidente de Plena Inclusión, na que tranquiliza ás familias de persoas con discapacidade intelectual, asegurando que a intención do actual goberno é impulsar a educación inclusiva sen que iso supoña o peche dos centros de Educación Especial. Achegamos a carta, por se é do voso interese.

CARTA MINISTRA DE EDUCACIÓN

Simulacro de votación

O próximo 29 de Abril celébranse as eleccións xerais. Por primeira vez, todas as persoas con discapacidade intelectual poderán exercer o seu dereito ao voto. Para estar preparados, Plena Inclusión Galicia e  Aspronaga realizaremos un simulacro de votación o 5 de Abril. Contaremos con papeletas, urnas, mesa electoral, etc... co fin de que sexa o máis real posible. 

i n r f p s v t 0 1 2