Seis alumnos do CEE Ntra. Sra. de Lourdes realizan prácticas en Alcampo

Seis alumnos do Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes- Aspronaga, serán “traballadores” do Hipermercado Alcampo ata o próximo mes de xuño.

Román, Luís,  Uxía,  Débora, Pablo e David non están nerviosos. Coñecen o hipermercado e escoitan atentamente mentres o director de recursos humanos, José Portabales, ensínalles os despachos, as zonas de descanso e a xerga típica que deben coñecer para desenvolverse con soltura. Os seus postos serán de  reponedores nos corredores de galletas e nas caixas, ao cargo de recompilar as cestas . 

O mesmo día que empezan, xa coñecen ao seu xefe. El indícalles como facer o seu traballo e a próxima semana xa toca poñerse ao choio!. O tempo pasou moi rápido no primeiro día, pero todos están moi contentos e dispostos a desempeñar o seu labor, sobre todo, con moita responsabilidade. 

Hipermercado Alcampo e  Aspronaga asinan o primeiro convenio de práctica laborais no ano 2013. Seis anos despois, confírmase o compromiso da entidade con  Aspronaga, facendo posible que alumnos con discapacidade intelectual, en etapa de formación profesional, poidan aprender as tarefas na empresa ordinaria, formándose cara á súa inclusión social e laboral. 

Esta iniciativa, ademais de proporcionar experiencia laboral, axuda a que as empresas descubran a multitude de aptitudes coas que estes mozos contan para o traballo. 

i n r f p s v t 0 1 2