Baixo o Mesmo Paraugas 2021

Un ano máis, e xa van seis, chega "Baixo o mesmo paraugas", unha iniciativa que une a máis de 80 entidades sociais de toda Galicia para celebrar conxuntamente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) e reivindicar os seus dereitos.

15 xoves con discapacidade intelectual fórmanse na reparación de calzado

15.11.21 Todo empezou grazas a paixón de Román polos mandos de garaxe. Levado pola súa afección, Román visita asiduamente o taller de Sandra Caínzos, mostrando o seu gran interese por esta profesión. O que empezou como unha anécdota, é hoxe unha realidade e, Román, xunto a outros 14 compañeiros e compañeiras do  CEEPR. A nosa Señora de Lourdes- Aspronaga iniciaron, esta mañá,  o curso “Reparación de calzado e artigos de marroquinería” impartido pola propia zapateira coruñesa, Sandra Caínzos. 

Líderes Dixitais 2

36 persoas de  Aspronaga iniciaron, o pasado 15 de novembro,  a formación  Líderes Dixitais 2" dirixida a mellorar as capacidades tecnolóxicas das persoas con discapacidade intelectual. Esta formación está promovida por Plena Inclusión e Fundación Vodafone e ten como fin a inserción laboral das  PCDI.

Calendario Centro Ricardo Baró 2022

Atención!!!! Xa podes conseguir o calendario do Centro Ricardo  Baró 2022. Este ano, con fotos individuais de todas as persoas residentes.

¡Non te quedes sen él! Xa á venda no Centro Ricardo Baró 


Calendario CRB 2022

 

El Deportivo Liceo homenaxea a Aspronaga

A campaña "1 partido 1 causa" une o deporte coa contorna social. Así,  Aspronaga foi a asociación elixida para mostrar os seus valores no partido que xogou o pasado luns contra o  PAS  Alcoi no Palacio dos deportes de Riazor. 


Antes de iniciar o partido, Manuel Paz e Javier Ribeira, grande afeccionados ao hóckey sobre patíns, foron os encargados de colocar o brazalete co logotipo de  Aspronaga ao capitán,  Dava Torres.

Ademais, Nicanor Álvarez, presidente de  Aspronaga e un grupo de persoas con discapacidade intelectual e familias asistiron á homenaxe en representación da nosa entidade. 

"1 partido 1 causa" é unha iniciativa impulsada polo propio  Dava e o  speaker do equipo, Sergio Tomei. Ambos se achegaron ao colexio para gravar este vídeo e dar difusión ao labor de  Aspronaga na contorna deportiva. 

Moitas grazas aos dous, encantounos!

Gañamos o premio ao Video Sensibilizador de ENKI

25.10.2021 ¡¡¡¡¡ Gañamos !!! Esta mañana Enki comunicounos que Aspronaga gañou o premio a Mellor Video "#YoJuegoConENKI.
Este premio é compartido con o Club Atletismo Sada, pois son un exemplo de inclusión deportiva para toda a sociedad. 


O premio consiste nunha viaxe á neve para 8-10 persoas durante unha fin de semana. 

¡Gracias a ENKI por seguir apostando polo deporte e as entidades! 

Video Ganador #YoJuegoConEnki

O Comité de Ética de Aspronaga estrea páxina web

15.10.2021.Onte o Comité de Ética de  Aspronaga celebrou unha das súas sesións  bimensuales na que se aprobou a presentación da súa páxina web. 


O Comité de Ética de  Aspronaga ten unha nova páxina web. 

A páxina web do Comité é importante porque nos conta

que é o Comité, cales son as súas funcións, as persoas que forman parte e as novidades. 

Ademais, podes solicitar un informe do Comité para que che

asesore nun conflito ético no ámbito da discapacidade intelectual. 

COÑECE A PÁXINA WEB DO COMITÉ DE ÉTICA DE ASPRONAGA

Itinerarios Accesibles e a mellora da web municipal, as propostas de Aspronaga para " Na Coruña Contas"

15.10.2021 Aspronaga realiza dúas propostas na nova edición dos " Orzamentos Participativos" da Coruña, unha ferramenta para que a veciñanza do municipio decidan, libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento de 2022.


Participa

Unha vez presentadas as propostas, todas as persoas empadroadas na Coruña poden apoiar os diferentes proxectos.

Os proxectos máis votados serán os que pasen á seguinte fase.

A votación pódese facer do 18 ao 25 de outubro.

Para votar, é necesario que che rexistres en  nacorunacontas. coruna. gal

Estas son as propostas de  Aspronaga:

ITINERARIOS ACCESIBLES

PÁXINA WEB MUNICIPAL ACCESIBLE

 

Reunión Xunta Reitora de Aspronaga

08.10.2021. O pasado mércores, tivo lugar unha reunión ordinaria da Xunta Reitora de  Aspronaga baixo a Presidencia do seu titular, D. Nicanor Álvarez, para tratar distintos temas relacionados coa marcha xeral da Asociación.


Antes da reunión, Juan Otero explicou á Xunta
a súa experiencia no Encontro Estatal de Persoas con discapacidade intelectual 
celebrado en setembro en Toledo. 

INFORME DO PRESIDENTE

Na reunión, o Presidente informou sobre a elección de  Aspronaga
para formar parte do  Consello Municipal do Deporte,
sendo unha das opcións máis votadas. 

Ademais, comunicou que o  CEEPR @Ntro. Sra. de Lourdes asinou
un convenio de colaboración coa Consellería de Educación para
poder ofrecer cursos de Formación Profesional no colexio. 

PROXECTOS

Doutra banda, o presidente falou de proxectos futuros
como o peche e arranxo do  secadero en  Lamastelle
e a adquisición dun ascensor e arranxo do portalón de entrada en Pérez  Lugín. 

Ademais, xa se puxo en marcha  a reforma da 
sala de menores no Centro Ricardo  Baró. 
Este proxecto nace grazas ás doazóns ofrecidas por múltiples 
doantes na campaña de  crowfounding # GivingTuesday.

FUNDACIÓN TUTELAR

Por último, a Xunta Reitora informou sobre os cambios 
no Padroado da Fundación Tutelar  Aspronaga. 
Así, a Xunta aprobou a designación das persoas
que representarán a  Aspronaga na Fundación: 
Álvaro Martínez como presidente e Manuel Mariño (notario),
Jose Luís Seoane (maxistrado) e Milagros Grella, familiar de  Aspronaga, como vogais. 

COÑECE  A XUNTA REITORA DE ASPRONAGA

 

 

Fina da Silva gaña o 2º premio do concurso "Dona Emilia, onte e hoxe"

01.10.2021. Onte, Fina dá Silva, residente do Centro Ricardo  Baró,  recolleu no  concello da Coruña o 2º premio no Concurso "Doa Emilia,  onte e  hoxe". Ismael Souto, tamén residente do Ricardo  Baró, obtivo un accésit pola súa obra artística en homenaxe a  Emili Pardo Bazán. 


Dentro do programa Cultura Inclusiva da Fundación  Emalcsa, a Sociedade Filatélica da Coruña conta, un ano máis, con  Aspronaga para o deseño dun selo e unha postal en homenaxe, neste caso, a Emilia Pardo Bazán.

Nesta edición, participaron 18 persoas con discapacidade intelectual do Centro Laboral  Lamastelle e o Centro Ricardo  Baró, que, a partir de diferentes imaxes de Emilia Pardo Bazán, crearon unha obra libre para optar a ser a imaxe do selo e a postal.

Así, a imaxe creada por Xosefina dá Silva será o selo que percorrerá o mundo enteiro e, unha selección dos deseños participantes mostraranse nunha exposición o próximo mes de novembro.

Sello

 

i n r f p s v t 0 1 2