Nace AEDIGAL, a patronal galega da discapacidade intelectual

16.12.2020. Nicanor Álvarez, presidente de  Aspronaga, e Juan  Fontela, xerente de  Aspronaga, formalizaron a participación de  Aspronaga e o Centro Especial de Emprego  Lamastelle en  AEDIGAL, patronal  que nace co fin de reivindicar, defender, representar e xestionar os intereses económicos e sociolaborais da entidades sen ánimo de lucro que a integran no ámbito autonómico de Galicia. 

A Xunta Reitora de Aspronaga renova as súas Comisións

09.12.2020. O pasado venres, tivo lugar a reunión ordinaria da Xunta Reitora de  Aspronaga baixo a Presidencia do seu titular, D. Nicanor  Alvarez, co fin de tratar varios asuntos relacionados coa xestión e marcha da entidade. Entre eles, formuláronse os Orzamentos Xerais de  Aspronaga para o exercicio 2021 e a reorganización das diferentes Comisións da Xunta Reitora para unha xestión máis áxil e eficaz.

Abrimos proceso de selección Programa de Cooperación 2020

07.12.2020 Gustaríache formar parte do noso equipo de profesionais?  Aspronaga abre o proceso de selección para 9 postos de traballo enmarcados no Programa de Cooperación 2020 da Xunta de Galicia.

#BaixoOMesmoParaugas (03/12/2020)

Este ano foi diferente, pero á vez único. As 80 entidades que formamos parte da iniciativa #BaixoOMesmoParaugas  non puidemos xuntarnos para celebrar o #DíaInternacionalDiscapacidade. Con todo,  Aspronaga sumouse ao movemento con varios eventos como a lectura do Manifesto, adaptado a lectura fácil polo Servizo de Lecer da Asociación. Sexa onde e como sexa, queremos que todos e todas nos vexades e oiades porque estamos aquí!

#GivingTuesday

#GIVINGTUESDAY é un día mundial dedicado a dar e colaborar con causas sociais. 

Este ano celébrase o 1 de decembro e  Aspronaga súmase a este movemento global cun reto: "Unha vida mellor para menores con discapacidade intelectual". Axúdasnos a conseguilo? 

Aspronaga crea a Comisión de Comunicación, Participación e Renovación Asociativa

17.11.2020 Onte tivo lugar a primeira reunión da Comisión de Comunicación, Participación e Renovación Asociativa.  Aspronaga crea esta nova Comisión transversal co fin de mellorar a comunicación con todos os públicos de interese da Asociación, aumentar a participación e toma de decisións dos mesmos e impulsar a renovación de cargos na Xunta Directiva. 

O Festival da Canción reivéntase celebrando unha edición virtual

A Coruña, 23 de Octubre de 2020. 100 persoas involucradas, 37 actuacións, sorpresas e artistas especiais convidados. Así está a ser o 45º Festival da Canción de  Aspronaga. Un festival que, este ano tan peculiar, se  reinventa cunha edición virtual organizada desde casa e que conta coa colaboración de  Alikate Producións,  Gadis e as artistas Arantxa  Treus e Tamara Pérez.

Cursos de formación online

O Servizo de Lecer de  Aspronaga participa en senllas accións formativas en liña sobre o lecer na pandemia e deporte inclusivo. Ademais, Fademga Plena Galicia abre inscricións para o clásico "Seminario sobre discapacidade e saúde mental". 

Presentación do Informe de Autoevaluación e do Plan de Mellora de Calidade Plena.

07.09.2020 Os membros do Equipo de Autoavaliación de  ASPRONAGA presentamos a finais do mes de Xullo o Informe da Autoavaliación e o Plan de Mellora do modelo de Calidade Plena correspondente ao eixo de ética, e como parte da pilotaxe para a súa nova ferramenta de autoavaliación.

Aspronaga e o Miño Club de Golf Ártabro apostan polo deporte inclusivo

10.08.2020 Aspronaga o Miño Club de Golf Ártabro unen as súas forzas cun obxectivo en común, a inclusión das persoas con discapacidade intelectual na práctica do golf. Con este fin, ambas as entidades puxeron en marcha a organización do I Torneo  Aspronaga, que terá lugar esta fin de semana no campo de golf de Miño, como pistoletazo de saída de futuras colaboracións. Un exemplo diso, é a firma do convenio polo que persoas con discapacidade intelectual recibirán no club sesións de golf adaptado da man da afamada Academia Kiko Luna, a partir do próximo outono. 

i n r f p s v t 0 1 2