Novos equipos informáticos
Estamos moi contentos porque no Centro Laboral Lamastelle temos novos computadores e tablets. Comprámolos co diñeiro que recadamos na poxa de alfombras que fixemos o día da Festa das Familias. Eu, Juan Guillín, fun o encargado da poxa. O público foi moi agradable e estaban moi pendentes. A primeira alfombra non se vendeu e, ao final, comprárona por 80 euros. Para min foi unha alegría que se vendesen todas porque as fixemos nos talleres de Lamastelle. Grazas a tod@s pola vosa colaboración!
Nova decoración en Lamastelle
Moitas grazas a Marta Costa, Manuel Dorado, Laura Martínez, Javier Feijóo e as súas familias por doar ao Centro Laboral Lamastelle as súas obras de arte. Os cadros foron pintados por estos artistas nun proxecto coa Fundación María José Jove e agora adornan as nosas paredes. ¡Encántannos!
Non quero xubilarme
Gústanos moito traballar. Como di Mari Carmen, Non queremos xubilarnos! Nunca! Ademais de manipulados para empresas, tamén nos formamos e coidámonos tanto física coma mentalmente no centro. Deixámosvos un vídeo que mostra como é a vida nos "talleres" de Lamastelle.