Festa de Nadal

O venres 23 de decembro celebramos o Nadal ao grande no centro. Pola mañá, fixemos talleres de cociña do Nadal, cinema e baile e, pola tarde, gozamos dunha sesión máxica con Rufus, da Fundación Abracadabra. 

 

Nos "conxelamos" por Nadal

O Centro Laboral ao completo quedámonos "conxelados" para desexarvos  BO NADAL !!!! cun impresionante Mannequin Challengue. 

Samaín en Lamastelle

O Centro Laboral Lamastelle viveu o Samaín con obradoiros de decoración de cabazas, túnel do terror e unha temible sesión de cine... Quen dixo medo?

 

Formámonos en Hornos Lamastelle

Os nosos compañeiros Diego e Sergio están a formarse para traballar no Centro Especial de Emprego Hornos Lamastelle. Xa tiveron o curso teórico e esta semana puxéronse mans á masa!. Moita sorte mozos!

Saídas e visitas (28/10/2016)

Esta semana, tivemos moito movemento no Centro Laboral Lamastelle. Por unha banda, viñeron visitarnos alumnos do Centro de Formación Castelao e da Escola Europea de Negocios e, por outro, saímos a pasear por Santa Cruz, a facer unha sesión de psicomotricidade a Bastigueiro, a celebrar os aniversarios de Alicia a Sada e a coñecer a casa intelixente e accesible da Fundación ONCE que está estes días en María Pita. O que máis nos sorprendeu é que podes manexar todo co teu móbil ou co teu tablet! E, como non, celebramos o Magosto!!! Deixámosvos un pequeno vídeo das saídas a Sada e Bastiagueiro

i n r f p s v t 0 1 2