San Valentín 2020

Un ano máis celebramos o AMOR no amplo sentido da palabra. Comida romántica, concurso de baile, fotos no recuncho do amor e a amizade, ruleta das tentacións, cinema e uns  cupido Mariachis que puxeron a banda sonora a este día tan especial. Feliz San Valentín e que viva o amor!!!!!!!

PINCHA EIQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

Nadal no CLL

Este Nadal foi moi movido.

Celebramos o Nadal, Fin de Ano e Reis no Centro Laboral  Lamatelle.

Fixemos talleres de cociña, adiantamos as badaladas e as súas Maxestades trouxéronnos agasallos a todos e todas. 

Perdíchescho? Pois mira, mira...

¡Bo Nadal!

Este ano queremos felicitarvos o Nadal dun xeito moi especial

Lembrando cada día. 

Cada intre que vivimos é importante. 

Non hai nada mais preciado para nos

que os detalles de agarimo e apio.

De amizade para sempre.

Os nosos mellores desexos para o 2019

Mudámonos a Lamastelle

Desde outubro deste ano, as Actividades  Extralaborais fanse en  Lamastelle. 

Usamos as aulas do Centro de Día para as nosas clases de manualidades, bailes de salón, inglés, formación permanente, etc...

Estamos contentos co cambio porque é máis cómodo. 

Montaxe de pinzas de seguridade para Telecon Galicia

Deixámosvos un vídeo de todo o proceso de montaxe de pinzas de seguridade.
O traballo realizámolo no Centro Laboral  Lamastelle por encargo  de Telecon Galicia. 
Estas pinzas serven para evitar que se rouben pezas nas tendas e están por todo o mundo!

i n r f p s v t 0 1 2