Poesía creativa e deporte inclusivo

O 25 de abril, tivemos unha xornada de convivencia no CEIP Graxal. Entre outras actividades, realizamos a de POESIA CREATIVA, cunha aula de 6º de primaria. O obxectivo principal era realizar un traballo colaborativo, por grupos, no que todos tivesen cabida. Así, cada membro do equipo, tiña que achegar ideas para a posterior elaboración do poema.Unha vez escrito, tiñan que gravalo nunha aplicación da tablet e compartila cos demais compañeiros da aula. Doutra banda, o 2 de Maio, tivemos unha tarde de xogos no patio do colexio Salesianos. As clases Lila e Azul acudiron a compartir cos alumnos de primaria unha lúdica e deportiva clase de Educación Física. Moitas grazas por pasar con nos unha tarde tan estupenda.


Poesía creativa con tablets

Sesión lúdica deportiva en los Salesianos

i n r f p s v t 0 1 2