Repetimos nos Mestre Mateo!

En  Aspronaga traballamos cada día para que as persoas con discapacidade sexan visibles e teñan oportunidades para acceder a espazos públicos como protagonistas.
Por iso queremos mostrar o noso recoñecemento ao traballo que a Academia Galega do Audiovisual e a empresa de protocolo  Trevisani fan a favor das persoas con discapacidade na gala dos Premios Mestre  Mateo.
A gala do 2018 é a segunda na que persoas con discapacidade teñen a oportunidade de colaborar co equipo de protocolo que organiza o evento.
A súa función é a de calquera colaboración voluntaria, apoiar aos profesionais no desempeño das súas funcións.
Esta oportunidade é importante para nós por varios motivos.
Tomamos parte nunha realidade á que é difícil acceder.
Facémonos visibles nunha contorna no que non existimos.
Adquirimos experiencia que nos permite desenvolver habilidades, prepararnos para futuras oportunidades e mellorar o currículo.
Dámosnos/Dámonos a coñecer a persoas do ámbito que poderán ternos en conta para futuras ocasións.
Formamos parte da vida pública, dereito que se nos nega día si e día tamén.
O trato que recibimos é o mesmo que reciben os demais, somos iguais…
Ou quizais non, non temos a mesma presión e esixencia no desenvolvemento das tarefas.
Xa desexamos que chegue a seguinte edición para poder gozar desta experiencia e quen sabe… poida que co tempo téñannos en conta para algo máis. O seguro é que sen experiencias como esta non poderiamos ter a ilusión de imaxinar algo máis, un paso máis, sentirnos parte da sociedade.
E animamos a outras entidades e empresas a iniciar experiencias con persoas diferentes, a coñecernos, a darnos a oportunidade de mostrar canto podemos achegar e abrirnos portas para formar parte da sociedade.

i n r f p s v t 0 1 2