Mandala colaborativa

Este curso, estamos utilizando as MANDALAS como un recurso educativo. Encuadrada dentro da EDUCACIÓN e 

EXPRESIÓN ARTÍSTICA, tentaremos realizar distintas versións das mesmas, empezando por unha actividade máis dirixida ata chegar ao momento no que poidan expresarse líbremente, a través das MANDALAS.

Ademais traballaremos distintos obxectivos como son, o traballo cooperativo, colaborativo, a concentración e atención e as quendas de espera.

Para esta ocasión, e en honra á nosa compañeira MARÍA (que a partir de mañá xa non estará connosco, na aula) habemos decido adiantar unhas das actividades estrela.

Tratábase de realizar un MANDALA COLABORATIVA na que todos os alumnos pintaremos unha parte.

O primeiro día, creamos un ambiente cálido na aula; para iso, quitamos  as mesas e cadeiras para poder colocar a alfombra e os coxíns (que temos destinados para
o recuncho de lectura)e, de fondo, puxemos música relaxante.

Sentámonos en círculo, ao redor da cartolina e, por quendas, iamos pintando
nosa parte.

Nun principio, déronnos instrucións da cor que usar e da forma que tiñan que pintar. Nun segundo momento, collemos  cada un a cor e a forma ou figura que máis lles gustaba.

E, na última sesión, probamos a realizar a actividade sentados nas mesas e traballando de dúas en dúas, ou de tres en tres.

You have no rights to post comments

i n r f p s v t 0 1 2