Vídeos formativos en TICs

Gústanche as novas tecnoloxías? Hoxe recomendámosvos os vídeos formativos do programa "Eu me prep@ro", de DOWN ESPAÑA en colaboración con Fundación Vodafone España. Presentados por unha moza con discapacidade intelectual, son dez tutoriales nos que, dunha forma sinxela, accesible e cunha linguaxe moi clara, detállanse os pasos e instrucións para aprender a usar unha tablet, manexar un computador de forma saudable, buscar información en Google, crear unha conta de correo electrónico, utilizar un Smartphone ou preparar unha presentación, entre outras.

i n r f p s v t 0 1 2